Etiquetas

15/5/13

O susto dos cavernícolas.

Autora:   Inés Jerez López
Curso: 1º primaria.

Érase unha vez dous cavernícolas que camiñaban polo monte unha tarde de treboada con moitos lóstregos e tronos.

De súpeto unha luz caeu nunha árbore seca, era un lóstrego, que fixo que a árbore empezara a arder.

Os cavernícolas, que se chaman Nes e Mape levaron un susto moi grande ao ver o lume. Nunca viran nada como iso. Nunca viran o lume.

Como non sabían o que era, tocáronno e quimáronse as mans. Entón empezaron a gritar e saltar coma tolos.


¿Sabedes o qué fixeron?

Foron ao río e metéronse na auga.

E colorín colorado este contiño rematou.


                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario