A FAMILIA DE TROGLODITAS.
AUTORA: Patricia Rodríguez Torres
CURSO: 5º Primaria.
Hay moitos anos, existía unha familia de trogloditas. Era a familia máis vaga que existira, excepto as mulleres. Elas o facían todo. A nai, María, facía a comida, a irmá maior limpaba o pó e a máis pequena axudáballes a facer calquer tipo de traballo.
María sempre lle tiña que dicir a Mario o seu marido, que levara aos nenos, Marcos e Noel, a aprender a cazar, para traer comida á cova, cociñala e comela.
Mario, Marcos e Noel, nunca facían nada, a menos que llo pedirán cen veces. Era imposible ver a eses trogloditas traballar sen que llo pedirán. Pero un día María, Lucía e Carla, cansáronse de facelo todo e dixéronlles que ou cambiaban ou xa non cociñarían para eles, non limparían o pó e non farían nada.
Ao día seguinte, Mario estaba cociñando, Marcos limpaba o pó e Noel axudáballes. María, Lucía e Carla non podían crer o que estaban vendo. Ao rematar o día, as mulleres felicitáronos polo esforzó que fixeran. E así, todos os días cada un facía a súa tarefa, e esa familia xa non seguiu sendo a máis vaga que existía.
Recordamos a nosa benquerida María Mariño (costureira de versos) para dar nome a este blog. Poderemos escribir todo o que se nos ocorra: poemas, contos, comentario de noticias, comentario de libros... Comecemos, pois, a enfiar palabras, sen medo, mergullándonos nos nosos pensamentos, desexos... e, por suposto, na fantasía. Podedes empregar fíos de todas as cores: azul, para falar do mar...; amarelo, para falar da alegría... Ponlle as cores que queiras aos teus sentimentos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario