Etiquetas

15/5/13

O neno e o laberinto.

O NENO E O LABERINTO
Autor:   Kélvar Castro. 
Curso: 6º Curso

    A porta do castro abriuse, e dela saíu un neno chamado Owen. Era o fillo do xefe do poboado castrexo “La Subidá”. Este poboado estaba enriba dunha montaña de Galicia, e dende alí podíase ver o val que daba a praia, onde o seu pobo collía lapas e mexilóns además de peixes.

    Owen tiña doce anos e como fillo do xefe iniciara o seu adestramento para sucedelo cando fora preciso.
Owen saudou a súan nai, que estaba diante do castro preparando as tortas de pan que se facían coa fariña de landras e que xunto ao leite das ovellas e cabras sería o almorzó da familia para comenzar o día.

Na súa familia había catro fillos, Owen era o primoxénito por iso tiña que asumir o liderato cando fora a súa hora, pero no fondo o que máis dexesaba era ser gravador de pedras.

Colleu a súa cesta e correu cara a praia que daba o oeste, onde o druida e o seu aprendiz  tallaban pedras ata que se metía o sol. Xa había unha rematada que tiña o nome de “Pedra dos Mouros”. Èsta xa fora tallada polos seus antepasados. Sigilo, o druida, nomeara a pedra que estaba traballando como “A Pedra dos Campiños”, pero había outra rocha na que aínda ninguén grabara nada. Alí era onde Owen tiña pensado tallar os seus debuxos. Owen xa sabía como chamarlle a esa pedra “A Pedra do Laberinto”. Nela grabaría uns signos que perdurarían moitísimos anos, tantos que nunca podería imaxinar. Nela quedarían as pegadas do pasado.




                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario