Etiquetas

14/5/13

A viaxe de Mut e Nor.

A VIAXE DE MUT E NOR

Érase unha vez un mamut chamado Mut que era moi forte. As tribus intentaban cazalo, pero Mut corría moito. 

O mamut Mut atopou un día unha mamut femia chamada Nor e fixéronse amigos: xogaron, comeron herba, pasearon… etc. 

Pasou o tempo e atoparonse cunha tribu que os quería cazar para comelos. Tiveron que escapar e atoparon un refuxio que era unha cova. 

Estiveron alí dentro ata que atoparon máis mamuts, e todos xuntos enfrentáronse á tribu.
Mut, Nor e os seus amigos mamuts pelexaron moito ao principio, pero logo fixéronse amigos dos trogloditas e viaxaron xuntos polo mundo adiante.

                     Tania Otero. 3º primaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario